A orixe desta tipografía data de 1908, nun deseño que Morris Fuller Benton desenvolveu para a American Type Founders e que se converteu nun estándar para a industria tipográfica. Esta sofisticada letra caligráfica de ornamentación moderada e capitulares moi elaboradas serviu de modelo para novos deseños realizados por distintas fundicións, como a publicada por ITC en 1994 consistente nunha versión en negriña. A súa gran elegancia e refinamento outorgoulle gran popularidade e a súa aparencia clásica faina apropiada para invitacións, saúdas, publicidade ou calquera outro impreso de elegancia clásica.