Tipografía deseñada por Francesco Simoncini en 1965 que mestura elementos das tipografías antigas e transicionais. Foi pensada para ser usada en soportes onde a calidade de impresión fose baixa como en periódicos. Este estilo innovador e versátil substituíu ás tipografías usadas nese momento polos xornais. Os seus caracteres están inspirados na Times New Roman de Stanley Morrison, produto dunha época de cambio e experimentación.