Creada en 1994 polo deseñador inglés Jeremy Tankard baixo encargo de Microsoft, forma parte do paquete de tipografías que acompañan ao sistema operativo Windows Vista. Está deseñada exclusivamente para ser lida en pantalla optimizando a lectura grazas ó seu aspecto limpo e claro pero conservando unha certa personalidade. Inclúe todos os caracteres latinos, gregos e cirílicos para que se poidan empregar por todo o mundo. Sería unha alternativa máis agradable e actual á Arial, Trebuchet ou Verdana, creadas no seu tempo para o mesmo fin. Segundo o seu creador “inicialmente estiven facendo probas para a versión Italic, non quería que se fixese como unha Regular inclinada. Como deseñei os caracteres gregos e cirílicos ao mesmo tempo que os latinos, era importante fixarse nas tres escrituras na súa totalidade. Desta maneira podía incluso acadar un acercamento dos estilos Regular e Italic. Nos caracteres latinos, fixen a versión Regular máis sobria mentres que na Italic deixei fluír máis os trazos”.

Ligazóns


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)