Deseñada en 2004 por Microsoft, trátase dunha tipografía monoespazada pensada exclusivamente para programación. Optimizada para a tecnoloxía ClearType que permite unha mellor lectura en pantallas TFT, a Consolas resulta moi efectiva reducindo o cansazo dos ollos ao estar moito tempo diante do monitor. De feito, moitos programadores e desarrolladores web considerana como a mellor opción existente. Resulta máis económica en espazo que outras tipografías similares como a Courier aínda que debido a posuír unha menor altura do “x” pode ser preferible aumentar lixeiramente o tamaño. Forma parte do novo paquete de seis tipografías que acompañan ao sistema operativo Windows Vista: Cambria, Constantia, Corbel, Candara, Calibri e Consolas; todas comezan pola letra “C” para facilitar a súa busca nos menús dos distintos programas.

Ligazóns


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)