Deseñada polo tipógrafo alemán Gustav Jaeger en 1982 para a fundición Berthold, fíxose moi popular por ser a tipografía empregada por Google para o seu logotipo a partires de 1999. Para a súa realización baseouse nalgúns deseños que Frederic Goudy realizou para a Monotype Corporation. A súa forte influencia caligráfica cun gran contraste entre os grosores dos trazos xunto coas peculiares serifas, fai que teña unha aparencia moi singular e que sexa fácilmente recoñecida. Grazas á gran altura do “x” resulta apropiada tanto para texto como para exhibición.