Creada por Pia Frauss en 2005, trátase dunha homaxe á gran novelista británica Jane Austen. Aínda que está baseada na súa escritura manual, non é exactamente igual debido ás numerosas variacións na caligrafía orixinal de Jane Austen como por exemplo a progresiva disminución das letras ao escribir, a distinta unión dos caracteres segundo a súa posición, os signos de puntuación, moi alonxados da súa corresponente letra ou os distintos trazos dependentes da cantidade de tinta na pluma. O que fixo Pia Frauss foi crear unha tipografía intermedia de todas estas variacións. A caligrafía de Jane Austen era bastante peculiar con algunhas letras como o “x” totalmente ilexibles e de vez en cando ennegrecía letras como o “o” ou o “e”, o que algúns interpretaban un segredo agochado e mensaxes ocultas ainda que outros din que solo eran accidentes e que non estan feitos intencionadamente. Nesta tipografía, Pia Frauss introduxo algunhas peculiaridades como a palabra “the” no caracter numeral “#”, un “Z” alternativo no símbolo do dólar, un “C” alternativo no caracter de sección “§”, a terminación “ing” no caracter “+”, o “ds” no canto do signo “=” e outras sorpresas máis. Pódese descargar gratuítamente sempre que sexa para uso privado. Para aplicacións comerciais débese pedir permiso antes.

Ligazóns


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)