Creada en 1991 por Microsoft, trátase dunha tipografía de mapa de bits que foi utilizada como tipografía por defecto no sistema operativo Windows 3.1, Windows 95, Windows NT 4.0, Windows 98, Windows 98SE e Windows ME ata que coa aparición do Windows 2000 foi substituída pola Tahoma. Debido a que estaba en formato de mapa de bits, non podía ser escalada a calquera tamaño como as TrueType ou Type1, senon que estaba disponible únicamente en tamaños de 8, 10, 12, 14, 18 e 24 píxeles. En 1997, Microsoft sacou unha versión en formato TrueType (e posteriormente OpenType) chamada Microsoft Sans Serif, comercializada por Ascender Corporation que veu de serie a partires do Windows 2000 e posteriores. Esta versión deseñouse para ser métricamente compatible coa orixinal MS Sans Serif de mapa de bits, pero resultando moito máis flexible e lexible ao soportar interfaces de usuario escalables e técnicas de suavizado en pantaia como ClearType. Ademáis inclúe un gran número de caracteres (máis de 2000) cubrindo a maioría de linguas existentes (caracteres latinos, diacriticos, gregos, cirílicos, hebreos, árabes, símbolos matemáticos, etc) agás os ideogramas asiáticos. Aínda así, en Windows XP ademáis da versión OpenType aínda segue vindo a versión en mapa de bits por temas de compatibilidade con aplicacións de 16 bits e programas antigos.