Deseñada en 2006 por Jos Buivenga, trátase dunha curiosa tipografía cun certo toque caligráfico e informal que lle da unha aparencia alegre e amigable. Aínda que a familia está composta por unha soa variable (Regular), está equipada dun completo conxunto de caracteres que cubre as principais linguas europeas, ademáis de varias ligaduras, coidados signos de puntuación e moitas outras características menos coñecidas. A pesares da súa aparencia informal resulta moi lexible a tamaños pequenos e en titulares grandes tamén funciona excepcionalmente. Ademáis é unha tipografía gratuíta, descargable dende a web do seu autor.