Etiquetas: Robert Granjon

Deseñada por Matthew Carter, trátase dunha adaptación contemporánea dos deseños tipográficos de Robert Granjon, un tipógrafo do século XVI, cuxas tipografías contaban cunha gran popularidade debido á súa beleza e lexibilidade e do cal Matthew Carter era fan. En palabras do propio autor, “o resultado non foi unha copia literal de ningunha das tipografías de Granjon, senón unha reinterpretación do seu estilo”. Primeiro debuxou as versións Romana e Black, e despois utilizou o ordenador para crear as versións Bold e Ultrabold. O resultado foi unha tipografía moderna que captura a vitalidade de Grajon, cunha gran altura do “x” que a fai moi apropiada para texto. A versión itálica tamén posúe un deseño moi agraciado e distintivo cunha gran sensación caligráfica.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)