O pintor, compositor e calígrafo Felice Feliciano, nacido en Verona, Italia, en 1433 foi o creador dun notable alfabeto caligráfico de estilo romano en 1463 utilizado no tratamento das súas inscripcións romanas. Actualmente as mostras orixinais están gardadas na biblioteca do Vaticano. A fundición Monotype e o deseñador Phillip Boydell rescataron en 1934 esta tipografía, mantendo as súas proporcións clásicas e formas xeométricas. Durante os anos 1991 a 1995 foi dixitalizada polo equipo de deseñadores de Monotype. Está deseñada para ser utilizada a tamaños grandes onde se poden apreciar mellor os seus trazos e se consigue un mellor efecto.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)