Tipografía deseñada por Richard Austin en 1788 cando traballaba para a John Bell’s British Type Foundry. Está inspirada nas tipografías modernas daquela época como a Didot francesa, acentuando as súas formas verticais e o contraste dos paos finos e grosos. Usouse para imprimir o xornal publicado por Bell “The Oracle”. Stanley Morison considerouna como a primeira tipografía moderna inglesa e en 1931 recomendoulla a Monotype para realizar unha reconstrucción. Para este facsimil empregouse como base as matrices que tiña no seu poder a fundición Stephenson Blake & Co. A versión dixital foi desenvolvida baixo a supervisión de Robin Nicholas.

A súa gran lexibilidade e a amplia familia da que conta —con numerosos pesos distintos, caracteres alternativos e decorados— xunto coa súa enorme elegancia fai que sexa unha boa opción como tipografía de texto en libros e revistas e que funcione marabillosamente como tipografía de titulares e exhibición. De feito, foi moi mencionada por Jan Tschichold en moitos dos seus escritos sobre deseño.

Ligazóns


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)