Tipografía de símbolos creada en 1997 nun proxecto colaborativo entre Vincent Connare de Microsoft e os deseñadores de Monotype Sue Lightfoot, Ian Patterson e Geraldine Wade. O seu nacemento responde á necesidade dos deseñadores de páxinas web dun método sinxelo de incorporar gráficos nas súas páxinas. Por iso, a Webdings está formada polos iconos máis comúns empregados en Internet como iconos de navegación e de reproducción e estan acompañados por outros gráficos non tan usuais.

Como curiosidade, cabe destacar os gráficos que corresponden coas iniciais “NYC” (New York City) que son un ollo, un corazón e o contorno dunha cidade, que en inglés significa “I Love New York” (amo Nova York). Estes símbolos foron postos intencionadamente a raíz da polémica creada polos gráficos da tipografía Wingdings lanzada por Microsoft uns anos antes. Neste caso, as iniciais “NYC” correspondían cunha calaveira, a estrela de David e unha man co polgar cara arriba e que algunhas persoas interpretaron como a aprobación da matanza de xudeos en Nova York, ainda que Microsoft negara a súa intencionalidade argumentando que fora produto da casualidade.

A Webdings ven de serie en todos os sistemas operativos de Microsoft a partir do Windows 98 e forma parte do proxecto “Core fonts for the Web” comezado en 1996 e finalizado en 2002 e que tiña como obxectivo o establecemento dun conxunto de tipografías estandar para a web.

Ligazóns


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)