Típica do movemento neorrenacentista de finais do século XIX, Linn Boyd Benton deseñouna en 1894 coma un novo tipo de texto para a American Periodical Century Magazine. Durante os anos 1906 ata 1909, Morris Fuller Benton ampliou a familia cun gran número de versións desta tipografía para a fundición American Typefounders e máis tarde sería tomada polas fundicións Linotype, Intertype e Monotype. A Century Old Style é unha tipografía moi lexible, apropiada para case calquera texto.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)