Inspirada nas tipografías antigas do renacemento tardío, esta tipografía deseñada por Robert Slimbach en 1990 para Adobe conserva a beleza, elegancia e lexibilidade propia dos deseños desa época. Foi creada orixinalmente como tipografía de texto pero adáptase perfectamente á tecnoloxía dixital. A súa ampla familia, formada de varios pesos e anchos, caracteres especiais e ornamentos fai dela un tipo tremendamente flexible e funcional, moi útil para calquera tipo de texto pola súa gran lexibilidade, equilibrio e claridade.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)