Foi lanzada por Monotype en 1925 como resposta á Kennerley de Frederic W. Goudy, tipografía publicada en 1911 e que en 1918 sacarían a versión itálica. Moi apropiada para ser usada en texto aínda que tamén funciona perfectamente en tamaños grandes como traballos de publicidade ou titulares. Foi actualizada en 1977 por Robert Norton.