Foi deseñada por Jan Tschichold en 1964 e producida simultaneamente por tres fundicións: D. Stempel AG, Linotype e Monotype en resposta á demanda existente polas principais imprentas alemás dun deseño válido para tódalas tecnoloxías tipográficas existentes naquel momento e que requirían o uso de metais distintos. O seu nome está sacado de Jacques Sabon, estudiante do tipógrafo francés Claude Garamond, que seguiu traballando nos proxectos do seu mestre despois da súa morte en 1561. Cando morreu en 1580, a súa viúva casouse con Konrad Berner que asumiu o control da súa fundición. Tschichold baseou o seu deseño no tipo da folla 1592 publicada pola fundición Egenolff-Berner e atribuída a Garamond. A itálica foi sacada dos tipos de Robert Granjon. A Sabon é unha das máis fermosas variacións da Garamond. Tipografía moi elegante e lexible, excelente para libros e aplicacións sofisticadas.