Wilhelm Klingspor Gotisch

Rudolf Koch (1925)


Esta tipografía foi deseñada no ano 1925 por Rudolf Koch, notable calígrafo, deseñador e artista, para a fundición Klingspor Bros en Offenbach, Alemaña, e da que Koch era o principal deseñador. O seu nome foi posto na honra dun dos donos da fundición. Tamén coñecida como Wilhelm Klingspor Schrift, esta é unha das mellores e máis lexibles tipografías góticas, un dos exemplos existentes máis finos deste estilo, cunhas maiúsculas e minúsculas moi fermosas e vigorosas e un espaciado óptimo. Foi admirada e emulada por moitos entusiastas dos tipos góticos ao redor do mundo.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)