Unha das primeiras tipografías deseñadas pola fundición Monotype en 1906 e publicada en dous pesos. Baseada na Fraktur da escola de Schelter & Giesecke que alternativamente foi baseada nas tipografías usadas nas imprentas de Wittenberg de comezos do século XVI. Foi na porta da igrexa do castelo de Schlosskirche en Wittenberg onde Martín Lutero, teólogo e profesor alemán, fixou as súas famosas 95 teses o 31 de outubro de 1517 e de tal modo desatou a reforma protestante. Por esa razón, os tipos parecidos á Wittenberger Fraktur están asociados á teoloxía luterana. Existen dúas versións do “s”. Para compoñer o texto da maneira antiga usase o “s” largo cunha forma parecida á do “f” ao principio ou no centro da palabra e o típico “s” redondo, tamén chamado “s” final, ao final desta.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)