Deseñada en 1993 por Karlgeorg Hoefer, Notre Dame forma parte do programa de 1990 “Tipografía antes de Gutenberg”, que incluíu o traballo de doce deseñadores de tipos contemporáneos no que presentaban os estilos que apareceron a través dos anos ata a aparición da imprenta. Esta tipografía estivo inspirada pola estrutura das formas empregadas en propósitos litúrxicos durante os séculos XIV e XV. As técnicas dixitais permitíronlle agregar ornamentos nas maiúsculas como os picos en forma de serra dos trazos principais.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)