Esta tipografía creada por Monotype en 1924, está baseada nos tipos cortados en 1742 por Pierre Simon Fournier, uns dos deseñadores máis influentes do século XVIII. A maior aportación deste francés foi a de propoñer unha unidade de medida estándar á que lle chamou “punto” e que foi divulgada a través do seu Manual Tipográfico. Os tipos de Fournier estaban entre o estilo Transicional ata un estilo máis moderno, popularizado posteriormente por Bodoni. Posúen un maior contraste entre os grosores dos paus, cunha énfase máis vertical que os antigos tipos. Gran tipografía de texto que proporciona unha boa economía de texto e unha cor uniforme na páxina.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)