Deseñada en 1994 por Matthew Carter para a compañía Microsoft, esta tipografía está creada especialmente para ser mostrada en pantalla. O hinting (optimización que se fai para que sexa lexible a baixas resolucións) foi optimizado por Tom Rickner de Monotype. Posúe un lixeiro toque de tipografía humanista onde as curvas e diagonais foron meticulosamente axustadas para que os píxeles sexan claros, lexibles e agradables a tamaños pequenos, conseguindo unha fusión perfecta entre forma e función. Os caracteres máis confusos como a “I” maiúscula, “J”, “L”, “i” ou a “l” minúscula foron individualizados e os amplos espazos entre as letras conseguen una lexibilidade excepcional. Os pesos tamén foron deseñados para conseguir o suficiente contraste, asegurándose que a versión Bold sexa igualmente pesada a tamaños pequenos. Segundo as palabras de Tom Rickner, aínda que a optimización dos bitmap foi o máis crucial na súa elaboración, o seu uso non se debe limitar só á pantalla, xa que tamén funciona bastante ben en papel, incluso a tamaños grandes.

Ligazóns


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)