Tipografía deseñada durante os anos 1995-1997 por Matthew Carter para Microsoft. Foi pensada para ser usada en interfaces de usuario e noutras situacións que requiran mostrar información en pantaia, particularmente en tamaños pequenos como caixas de texto ou menús de diálogo. Apareceu por primeira vez no Office 97, substituíndo á Arial e MS Sans Serif presentes nas versións anteriores. Posúe unicamente dous pesos, Regular e Bold, e carece de versión itálica ou cursiva. A optimización do hinting estivo a cargo de Tom Rickner de Monotype, un experto en tratar tipografías de pantaia.

Ligazóns


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)