Tipografía creada por Vincent Connare de Microsoft en 1996 para ser utilizada en textos de pantaia. Neste deseño utilizáronse elementos das tipografías sen serifas dos anos 20 e 30. Connare recoñeceu tamén a influencia de outras tipografías como a Frutiger, Akzidenz Grotesk, Gill Sans ou a Erbar. A súa gran altura do “x” unido ás liñas simples faina moi lexible e uniforme incluso a tamaños pequenos. De feito, unha das intencións de Vincent Connare á hora de deseñar a Trebuchet era a de inculcarlle personalidade ás letras incluso a tamaños pequenos mantendo a súa claridade e personalidade. Quería unha tipografía que fose diferente da Verdana e a MS Sans. Para eso saíuse do modelo clásico de caracteres como o “M” ou o “g”, este último con reminiscencias dalgún dos deseños preliminares de Paul Renner para o seu deseño da Futura. Outros detalles salientables son as serifas existentes no “i” e no “j” ou a curva da parte inferior do “l” minúsculo que axuda a facer totalmente recoñecible cada caracter. A súa alta personalidade unido á súa lexibilidade converteuna rapidamente nunha opción clásica no deseño de páxinas Web.