Deseñada en 1967 por Adrian Frutiger para a Fundición Bauer, esta tipografía está baseada na Univers, creada polo mesmo Frutiger en 1954. Por esta razón a Serifa é unha das tipografías exipcias máis lexibles ao ter trazos humanísticos e unha calidade óptica fora de toda dúbida que permite incluso usala en texto de lonxitude media. O seu carácter harmonioso e robusto fana moi apropiada para títulos, subtítulos ou logotipos. A tipografía Glypha, deseñada uns anos máis tarde é unha versión condensada desta.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)