Igual que a Serifa, esta tipografía creada por Adrian Frutiger en 1977 está baseada nas formas básicas da Futura. A principal diferenza entre a Glypha e a Serifa é a maior altura da primeira que lle dá unha aparencia condensada, ideal para corpos grandes de texto cunha lexibilidade extrema. As súas curvas, máis baseadas no ovalo que no círculo xunto coa súa grande variedade de pesos faina moi apropiada para traballos como anuncios ou catálogos onde o espazo sexa máis ben escaso.