Esta tipografía, deseñada por Herb Lubalin en 1974, está baseada na Avant Garde, creada polo propio Lubalin catro anos antes. A única diferencia entre as dúas está nas serifas engadidas na Lubalin Graph en resposta á necesidade de crear un alfabeto exipcio flexible e apropiado para a tecnoloxía da fotocomposición aparecida nos anos 70. Dos deseños orixinais, Tony DiSpigna e Joe Sundwall foron os encargados de debuxar as versións redondas, mentres que Ed Benguiat fixo o mesmo coas oblicuas. As versións condensadas, xunto coas capitulares e as figuras Old Style foron engadidas en 1992 por Helga Jörgenson e Sigrid Engelmann. Trátase dunha tipografía sólida e forte, cunha gran altura do “x” que a fai apropiada para multitude de usos como empaquetado, publicidade e calquera outra situación onde se precise transmitir amizade e sentido práctico.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)