A versión orixinal desta tipografía foi creada pola fundición Inland en 1910 baixo o nome de Litho Antique. A American Type Founders recuperouna nos anos 20 cando Morris Fuller Benton lle engadiu novos pesos. Máis tarde, en 1934, a Monotype Corporation presentou a súa versión de Rockwell ao volver a popularizarse as tipografías exipcias. Existen textos que erroneamente se refiren a ela como Stymie Bold creando unha confusión que aínda existe hoxe. A súa aparencia forte e harmoniosa convértena nun alfabeto particularmente flexible, válido para títulos e carteis e incluso en bloques de texto curtos.

Ligazóns


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)