Tipografía que forma parte da Take Type Library de Linotype. Esta colección contén as tipografías gañadoras do Linotype’s International Digital Type Design Contest (Concurso Internacional de Deseños de Tipos de Linotype) que se celebrou durante os anos 1994 a 1997. Foi deseñada por Thomas Hoffman en 1994 e orixinalmente estaba pensada como alfabeto para un proxecto no centro da vella Berlín do Este. Os seus caracteres estables, angulares e constantes fan sen embargo unha tipografía moi lexible, podéndoa usar en textos máis largos.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)