Etiquetas: Stempel, Racional

Creada en 1930 polo Dr. Rudolf Wolf para a fundición Stempel, a tipografía Memphis foi unha das primeiras recuperacións dos alfabetos exipcios despois de que gozaran de gran popularidade na primeira metade do século XIX. As súas formas xeométricas e as serifas teñen o mesmo peso, dando unha impresión racional e obxectiva. Resulta útil para empregar en diversos campos técnicos, empaquetado, publicidade e titulares.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)