Deseñada por William Thorowgood en 1845 para a Robert Besley & Co, o seu nome débese á Clarendon Press de Oxford. Nun principio foi creada como tipografía para titulares, complemento das letras con serifas normais. A existencia deste estilo exipcio inglés débese á esta letra, xa que foi a primeira en presentar unha unión redondeada entre as serifas en forma de bloque e os trazos. Incluso nalgúns sitios se coñece este estilo como estilo Clarendon. As súas formas claras e obxectivas aínda conservan a súa aparencia contemporánea. A tamaños pequenos conserva a súa lexibilidade e en tamaños grandes o seu estilo individual atrae a atención. En 1953 gracias ao rexurdimento das exipcias, Hermann Eidenbenz redebuxouna para a fundición Linotype.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)