Deseñada en 1956 por Adrian Frutiger, creador de máis de 30 tipografías, a Egyptienne foi a primeira letra de texto creada expresamente para fotocomposición e impresión por litografía offset e que retomaría máis adiante, en 1976. Posúe unha altura do “x” media-grande e un excelente espaciado entre caracteres que permite unha moi boa lexibilidade incluso en tamaños pequenos. A súa flexibilidade faina apropiada para unha gran variedade de usos como libros, periódicos, folletos, etc, adaptándose a papeis de case calquera calidade e incluso en pantaia.