Unha das tipografías máis coñecidas do mundo, a Courier foi creada por Howard G. Kettler en 1955 para IBM. Estaba destinada a máquinas de escribir polo que os seus caracteres ocupan todos o mesmo ancho. Debido a iso, as liñas compostas en Courier non son homoxéneas xa que por exemplo, o “m” está forzado a coller no mesmo espazo que o “i”. Aínda que as máquinas de escribir xa practicamente desapareceron e a necesidade desta tipografía tamén, as súas imperfeccións seguen sendo apreciadas no mundo do deseño sendo empregada en publicidade. Adrian Frutiger redebuxouna posteriormente para a serie IBM Selectric creando a Courier New. Foi engadida no paquete de fontes TrueType de Microsoft para ser empregada en web. Hoxe en día ven de serie tanto en computadores Macintosh como en Windows.