Etiquetas: Italia, Pluma

Deseñada por Gottfried Pott en 1995, esta tipografía está baseada nas letras manuscritas italianas do século XIV e XV. Este estilo chanceleresco une as formas maiúsculas romanas coas minúsculas carolinxias. Os movementos da pluma son visibles aportándolle lexibilidade ademais de reforzar a sensación caligráfica. Como a maioría das letras de chanceler, esta tipografía funciona moito mellor en tamaños a partir de 12 puntos.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)