Quizais sexa a tipografía máis odiada da historia, non por falta de calidade senón polo mal uso e a frecuencia abusiva con que se empregou. Tanto que incluso existen varias asociacións en contra dela como o colectivo Ban Comic Sans onde se intenta erradicar o seu uso. Tamén existen asociacións a favor como a Comic Sans Appreciation Society. Tratase dunha tipografía moi lexible en pantaia incluso a tamaños pequenos a pesares de ter unha aparencia informal e caligráfica. Foi un encargo de Microsoft a Vicent Connare para o seu software Microsoft Bob, onde un can chamado Bob falaba co usuario mediante un globo con textos en Times New Roman. Comezou a facela en 1994 inspirado en cómics de Marvel e DC. Foi collida polo equipo que traballaba no programa Microsoft 3D Movie Maker para ser empregada en globos de diálogo. Mentres progresaba o proxecto, os programadores agregáronlle son de modo que os caracteres xa non estarían en globos. Aínda así, a versión Regular foi usada en caixas de diálogo e axuda. Nun principio íase chamar Comic Book, pero a súa ausencia de serifas doulle o seu nome actual, Comic Sans. Foi incluída nas versións de Microsoft 95 OEM e Plus, Publisher e Internet Explorer. A súa grande expansión ao vir por defecto nos sistemas operativos de Microsoft e Apple fixo que aparecera por todos lados, e incluso o propio Connare recoñeceu que estaba cansado de ir a restaurantes e vela na carta do menú.

Ligazóns


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)