Tipografía creada por Roland John Goulsbra en 1994 emulando a escritura dun neno. As súas letras irregulares e desproporcionadas, debuxadas cun rotulador de punta cadrada, transmiten unha impresión única. Xunto coa Alexie, tamén deseñada por el, foi publicada na Take Type Library de Linotype, que inclúen as tipografías seleccionadas no Linotype’s International Digital Type Design Contests (Concurso Internacional de Deseño de Tipografía Dixital de Linotype). Alfabeto divertido, moi útil en todo tipo de impresos para nenos como invitacións, tarxetas, carteis, etc.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)