Deseñada por Hermann Zapf en 1954 para a fundición Stempel, esta tipografía estaba pensada nun principio para complementar a Palatino. Esta fora creada orixinalmente para ser empregada en titulares e aplicacións de exhibición pero en tamaños pequenos era demasiado grosa para bloques de texto. Por iso a Aldus estaba deseñada para cumprir esa función ao ser máis lixeira e estreita aínda que, co tempo tamén a Palatino gañou popularidade como tipo de texto. O seu nome provén do grande editor e impresor veneciano do século XVI Aldus Manutius.

Ligazóns


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)