A Stone Serif foi deseñada por Sumner Stone en colaboración con Bob Ishi de Adobe. Esta familia pertence a unha gran familia superior chamada Stone, que consta das subfamilias Sans, Informal e Serif. Coa Stone pretendíase solucionar o problema de mesturar nunha mesma páxina distintos estilos de letra con características radicalmente diversas como a altura das maiúsculas, pesos, proporcións, etc. O proceso de deseño desta gran familia comezou bocexando con lapis aínda que pronto cambiaron para realizar a maioría do traballo na computadora. De feito, soamente 100 de 4.000 debuxos foron feitos a lapis. A Stone Serif é unha versión modernizada dos deseños das romanas transicionais. Trátase dunha tipografía moi lexible, ideal para infinidade de aplicacións como libros, boletíns, guías, diccionarios, etc. En 1992 John Renner engadiulle caracteres fonéticos á Stone Sans e a Stone Serif abarcando máis de 300 letras, marcas diacríticas, históricas e oficiais.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)