A primeira Century foi creada en 1984 por Linn Boyd Benton xunto con T. L. De Vinne para a revista “Century Magazine” substituíndo á anterior tipografía, moi pouco adecuada. Esta letra, cun estilo tipicamente renacentista foi seguida en 1900 pola Century Expanded e posteriormente fixéronse moitas outras versións distintas. Foi Morris Fuller Benton quen fixo esta, entre 1918 e 1921 cando Ginn & Company, dedicados a publicar libros de texto, contratou á American Type Founders para deseñar unha tipografía apropiada. Para iso, Morris buscou a máxima lexibilidade creando un tipo estreito, robusto, con pouco contraste e máis pesado en aparencia que moitas outras tipografías similares. Converteuse nun alfabeto moi empregado en libros de texto, aprendendo a ler con ela moitos nenos e incluso se pode atopar hoxe en día nalgúns libros de educación primaria.