Tipografía creada en 1951 por Karl-Erik Forsberg para a fundición sueca Berlingska Stilgjuteriet en Lund. A produtividade desa fundición fixo posible o desenvolvemento da tipografía moderna aplicada a textos nos anos 50 en Suecia, caracterizadas por unha marcada influencia do Neorrenacemento. En 1959 foi ampliada a familia ao incluír 5 pesos máis. Este deseño é particularmente útil para libros, diarios e revistas aínda que tamén é válido para exhibir a tamaños grandes. Posúe un contraste máis alto que a maioría dos tipos deste estilo e unha altura do “x” moi pequena.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)