Son aquelas tipografías que comparten o estilo propio dunha época ou lugar. Debido á súas formas tan características e a súa personalidade definida e concreta, son apropiadas para dar un carácter histórico ou cultural a un deseño.
Durante o século XX houbo varias propostas para lograr un alfabeto universal baseado na forma máis pura da letra, sen adornos e onde non houbese distinción entre maiúsculas e minúsculas co fin de lograr a máxima funcionalidade.
Naceu en 1925 en Francia e estendeuse por Estados Unidos ata finais dos anos 30. Usaba formas xeométricas básicas combinando o cubismo co art noveau. Son deseños moi decorados e pouco utilizables agás para fins publicitarios.
Estilo sinuoso e ornamentado con motivos naturais que se estendeu en Europa do 1895 ata 1910 aproximadamente. Tamén é coñecido en España como Modernismo, Sezession en Austria, Jugendstil en Alemaña ou Stile Floreale en Italia.
O movemento tipográfico dadaísta iniciouse en Europa en 1916. O seu lema era "O mundo e a imaxe son unha soa cousa". Esta vangarda caracterízase polo colaxe e a combinación provocativa e deliberadamente ilóxica de diferentes tipografías.
Orixinaria do estilo uncial, a tipografía galega está baseada na letra do reino de Gallaecia. Perdurou ao longo dos séculos gravada en pedra en igrexas, catedrais ou mosteiros. Posúe unha xeometría e formas moi características.
A súa orixe sitúase nas inscricións realizadas en diferentes lápidas funerarias de pedra. Posúe unhas formas e trazos moi característicos e máis ou menos persistentes nos que se sustenta gran parte da identidade e o estilo visual do País Vasco.
Tamén chamadas Woodtype, teñen a súa orixe nos tipos de madeira creados durante o século XIX e que resultaban máis baratas e duradeiras que os tipos de metal, aínda que a súa calidade era menor. Caracterízanse polos trazos e ornamentación grotesc
Estas tipografías, tamén coñecidas como Stencil, caracterízanse polas súas letras divididas en varias partes, facilitando así o poder recortalas manténdose enteiras. Desta maneira pódense crear plantillas para reproducilas noutras superficies
Son tipografías que están asociadas con algunha cultura ou subcultura de orixe urbano como pode ser o Punk ou o Hip Hop, identificativas dalgunha banda urbana ou calquera outro ámbito social.