Pluma

Son aquelas tipografías escritas con pluma ou algún utensilio que consiga un efecto similar. Teñen modulación aínda que ao estar feitas á man, non posúen unhas proporcións constantes nin as súas formas son completamente homoxéneas.


Cezanne

Richard Kegler, Michael Want 1996

Esta tipografía, creada por Michael Want e Richard Kegler para o Museo de Arte de Filadelfia, foi publicada pola fundición P22 en 1996 converténdose nunha das súas tipografías máis populares. Está...


Jane Austen

Pia Frauss 2005

Creada por Pia Frauss en 2005, trátase dunha homaxe á gran novelista británica Jane Austen. Aínda que está baseada na súa escritura manual, non é exactamente igual debido ás numerosas variacións na...


Liorah

Holly Goldsmith 2000

Tipografía creada pola deseñadora estadounidense Holly Goldsmith en 2000 para a fundición Bitstream. A esta elegante letra manuscrita Holly púxolle o nome da súa filla, que daquela era unha rapariga...


Tagliente

Judith Sutcliffe 1990

Creada pola deseñadora Judith Sutcliff en 1990, esta baseada na caligrafía do artista italiano Giovanni Antonio Tagliente, que viviu en Venecia no século XVI. Posúe unha...


Viner Hand

John Viner 1995

Esta tipografía caligráfica informal foi creada polo deseñador británico John Viner en 1995 para a International Typeface Corporation e está baseada na súa propia letra. Os seus trazos feitos con...


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)