DIN A

Definición desta palabra


A serie DIN A é a principal de todo o estándar DIN e todas as demáis series están sacadas dela. O DIN A0 é o formato referente. As súas dimensións son de 841×1189 mm e a súa superficie mide 1 metro cuadrado. As súas proporcións son de 1:1,4142, é dicir, 1:√2. Desta maneira, para calcular o seguinte tamaño da serie, basta con dividir entre 2 o lado máis longo resultando un formato á metade máis pequeno pero coa mesma proporción (594×841 mm). O formato máis común é o DIN A4, que é o tamaño que teñen os folios que se poden comprar en calquera papelería, documentos, algunhas revistas, etc. A relación de tamaños completa da serie DIN é a seguinte:

DIN A0 841×1189 mm
DIN A1 594×841 mm
DIN A2 420×594 mm
DIN A3 297×420 mm
DIN A4 210×297 mm
DIN A5 148×210 mm
DIN A6 105×148 mm
DIN A7 74×105 mm
DIN A8 52×74 mm
DIN A9 37×52 mm
DIN A10 26×37 mm

Ademais existen dous tamaños máis grandes que o A0 que son o DIN 2A0 e o DIN 4A0, chamados asi por medir respectivamente dúas e catro veces máis que o A0 (1189×1682 mm e 1682×2378 mm).


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)