Tabloide

Definición desta palabra


Nome que se lle dá a un certo formato para xornais aínda que naceu ligado a un tipo de prensa menos seria. Provén da palabra inglesa “tabloid”, deformación de “tablet” que é a marca dun comprimido medicinal rexistrado pola empresa Burroughs Wellcome & Co en 1884. O primeiro tabloide da historia, tal como está concibido hoxe en día, foi o “New York Illustrated Daily News”, que na portada do 14 de xaneiro de 1928 mostraba a toda páxina a un reo executado nunha silla eléctrica baixo o titular “Morto”, cun tamaño de 172 puntos. Segundo Harold Evans (antigo director de The Times): “O importante do termo ‘tabloide’ que inventou Lord Northcliffe non é tanto o tamaño senón o tipo de periodismo que propoñía”. O formato tabloide é similar ao A3. En Europa por exemplo, o xornal “El País” mide 410×290 mm e o “Daily Mail” 422×290 mm. En América, o “Clarín” 380×277 mm e o “Newsday” 360×280 mm.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)