A tipografía Arial foi deseñada polo equipo de Monotype para Microsoft cando este lanzou o formato estándar “True Type” para acompañar ao Windows 3.1. O éxito do sistema operativo fixo que a Arial sexa actualmente unha das tipografías máis usadas xunto coa Helvética ou a Times. Trátase dun tipo funcional, simple e moi versátil. Unha das que mellor hinting posúe (especificacións que contén para que poida ser impresa correctamente en aparellos de baixa resolución como un monitor) xa que Microsoft fixo moitísimos esforzos para optimizala. Nalgunhas ocasións foi bastante criticada e e acusada de ser unha copia de baixa calidade da Helvética. O certo é que existen destacadas diferencias entre as dúas familias e algúns caracteres son bastante distintos.

Ligazóns


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)