Creada por Erik Spiekermann entre os anos 1991 ata 1998, trátase dunha tipografía clave na década dos 90. Obtivo gran popularidade rapidamente e incluso se referiu a ela como a Helvetica dos anos 90. Deseñada orixinalmente para ser empregada en tamaños pequenos, esta intentaba satisfacer a necesidade dunha tipografía para texto que fose duradeira e adaptable tanto no seu uso en pantalla como en impresión. Posúe unha extensa gama de variantes o que a fai tremendamente flexible e apropiada para calquera aplicación. A súas formas neutrais pero cun certo carácter xunto coa súa enorme lexibilidade produto do rigor coa que foi construída fan que poida ser empregada en aplicacións de exhibición ou en extensos bloques de texto.