Etiquetas: Thesis

Esta tipografía deseñada por Luc(as) de Groot pertence a unha macro familia chamada Thesis, formada por tres familias distintas: TheSans, TheSerif e TheMix. Orixinalmente chamada Parenthesis, a Thesis naceu en 1989 e foi adaptada en 1991 aínda que non se lanzou ata 1994. Esta extensa familia posúe un gran número de pesos distintos, ademais de versións capitulares, contendo máis de 140 variantes distintas entre todas. Ademais as versións itálicas son verdadeiras, é dicir, foron deseñadas expresamente, sen limitarse a coller a versión redonda e inclinala, estudiando perfectamente o contraste e os trazos para que se complemente perfectamente coas outras variantes. A intención de Groot era deseñar unha completa solución ás necesidades corporativas, que funcionara tan ben nunha tarxeta comercial como na parede dun edificio, contendo todos os caracteres que o usuario podería precisar. A versión sen serifa (TheSans) complementase tan ben coas outras dúas que incluso poden ir na mesma palabra sen case notar a diferencia de estilo. De feito a cidade de Berlín emprega no seu logotipo as 3 familias distintas combinadas en soamente 6 letras.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)