Deseñada por Tobias Frere-Jones nos anos 1993 e 1994 para a fundición Font Bureau, esta tipografía posúe unha gran cantidade de variantes de peso e ancho. Está inspirada no alfabeto utilizado pola Federal Highway Administration (Administración Federal de Autopistas) dos Estados Unidos para a sinalización das estradas e autopistas que se estenden polos seus distintos estados (de aí o seu nome). Posúe unhas formas claras e uns bordos definidos que a fan moi lexible nun rápido impacto. A súa polivalencia e flexibilidade para adaptarse a calquera espazo tamén a converte nunha opción axeitada en revistas, periódicos e incluso web.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)