Tipografía pesada e condensada, deseñada en 1965 por Geoffrey Lee e publicada por primeira vez pola fundición Stephenson Blake. Este deseño compacto, en forma de bloque e cuns trazos moi grosos consegue atraer e fixar o ollo do lector. A mediados dos anos 60, as letras negras e condensadas puxéronse de moda, probablemente cando Paris Match sacou a Schmalfette Grotesk, debuxada por Walter Haettenschweiler. A Impact era menos condensada que a Schmalfette polo que os deseñadores adoitaban combinar as dúas. Como o seu nome indica, está pensada como tipo de impacto polo que resulta moi apropiada en titulares, publicidade, etc.