Kris Holmes e Charles Bigelow deseñaron esta tipografía en 1985, pertencente á macro familia Lucida que xunto con esta de pao seco, tamén inclúe outras variantes como a Lucida Bright (con serifas), Lucida Fax (deseñada especificamente para dispositivos de baixa resolución como o fax) ou Lucida Console (variante monoespaciada para interfaces e programación). A Lucida Sans posúe unha gran altura do “x” e unhas formas fortes que xunto coas súas proporcións xenerosas, baseadas nas formas romanas, convértena nun tipo de estilo humanístico moi fácil de ler a calquera tamaño e a baixa resolución. Posúe un ritmo e uns trazos máis relaxados que as grotescas, cunhas versións itálicas moi dinámicas baseadas nas cursivas chancelerescas do renacemento. A tamaños máis grandes de 14 puntos recoméndase restar algunhas unidades do espaciado das letras xuntándoas un pouco máis, mentres que en deseños con todo en maiúsculas pódese ampliar un pouco ese espaciado. Moi apropiada para infinidade de usos como documentación empresarial, oficinas, correspondencia, carteis, libros etc.

Ligazóns


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)