Etiquetas: Xornais, Pantalla

Esta tipografía, creada pola fundición Bitstream, está baseada na Adsans, deseñada por Walter Tracy en 1959 para Linotype. A súa gran altura do “x” e a boa separación existente entre os caracteres faina apropiada para usar en soportes de baixa calidade como papel de xornal ou incluso pantaia, sen perder nada da súa gran lexibilidade. Só dispón de dúas variantes: Regular e Bold polo que non resulta moi útil en textos con demasiadas esixencias tipográficas como cursivas ou caracteres pouco comúns. Aínda así funciona bastante ben en titulares ou entradiñas.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)